30 jun 2011

Charla: "Morte digna"


Seguimos dinamizando a praza do 15 de maio, usando os espazos públicos para debater e escoitar.

Nesta ocasión achegouse ata a praza o presidente da asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia, Elías Pérez Sánchez. Ademais do seu cargo na organización é profesor de Filosofía en Secundaria e columnista no recentemente desaparecido xornal Galicia Hoxe.

Usando as escaleiras do concello como o noso anfiteatro, falounos da organización da asociación, de experiencias, da súa aposta pola atención personalizada fronte ao activismo, e do testamento vital.


Mañá máis, pois vémonos ás 19:00 para unha nova charla, neste caso sobre a reforma laboral.

Toma a rúa!

No hay comentarios: